Ciencia y Tecnología Destacados

O Sergas fai efectivo o «cese solicitado» por 15 xefes de servizo e 8 xefes de Atención Primaria da Área Sanitaria de Vigo

A dirección da Área Sanitaria de Vigo fixo efectico este xoves o “cese solicitado” por parte de 15 xefes de servizo e 8 xefes de unidade da Atención Primaria.

“En consecuencia, vaise iniciar o procedemento para o nomeamento dos novos responsables dos centros, que será de xeito paulatino, ao longo dos  próximos meses”, informa o Servizo Galego de Saúde.

A Xerencia “agradece publicamente o labor daqueles profesionais que teñen decidido permanecer nos seus postos e liderar a modernización deste nivel asistencial”.

Para a dirección da Área Sanitaria viguesa a necesidade de concretar un novo modelo de Atención Primaria ven imposta pola obriga de dar resposta a dous condicionantes da asistencia actual: “a falta de médicos e o avellentamento poboacional”.

Ao seu xuízo, nos últimos meses tense producido un gran avance, coa posta en marcha dalgunhas decisións moi importantes, como o novo contrato de continuidade; a convocatoria dunha oferta de emprego público; e o investimento específico de 17,3 millóns de euros para este nivel asistencial.

O maior orzamento da historia

Dende a Xerencia  sublíñase que “a realidade é que a Atención Primaria da área sanitaria de Vigo dispón do maior orzamento da súa historia e o máis elevado das Estruturas de Xestión Integrada de Galicia, superando os 250 millóns de euros”.

Ademais, nos últimos anos realizáronse importantes cambios organizativos, con dotación de recursos e tecnoloxía, que melloraron de forma determinante a atención ao paciente.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.