RGPD - Cookies
Galicia

Dimite a Valedora do Pobo

A Valedora do Pobo, Milagros Otero, renuncia ao seu cargo. O Tribunal Supremo vén e ratificar a decisión do o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que anulou o nomeamento da  xefa de Servizo de Administración e Persoal da institución.

Esta non é outra que a sobriña de Manuel Fraga,irmá do voceiro do Partido Popular no Parlamento de Galicia, Pedro Puy Fraga, e filla de Pedro Puy, quen fora superior da Valedora na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e agora o Supremo, conclúen que no proceso deste nomeamento houbo “arbitrariedade” e “desviación de poder”, por parte de Milagros Otero, co desexo por parte dela de “adxudicarlle” este posto.

Na súa sentenza o alto tribunal galego, ademais, censuraba o feito de que Otero sendo a Valedora, e por tanto responsábel de velar pola transparencia das administracións galegas, tentase agochar o motivo da súa incompatibilidade para nomear á irma do voceiro palamentar do PP.

También te puede interesar