Cultura Vigo al minuto

@depo_es reúne este mércores en Soutomaior a 140 persoas na xornada ‘Muller e Poder’

O Castelo de Soutomaior será o escenario este mércores da xornada anual da Escola de Igualdade María Vinyals que, este ano, se centrará en “Muller e Poder”. A partir das 9.30 horas de mañá e ata as 19.00 horas da tarde máis de 140 persoas se concentrarán no Castelo para escoitar a mulleres da talla de Laura Freixas, Berta Fernández, Altamira Gonzalo, Montserrat Boix, Desirée Vila, África González e Carmela Silva que amosarán, de xeito práctico, todo o que significa e implica ser muller nos seus ámbitos profesionais.

A través da xornada “Muller e poder” a Deputación de Pontevedra pretende construír un espazo no que compartir experiencias e coñecementos referidos ao exercicio da responsabilidade e toma de decisións, así como a facilitar a posta en común de boas prácticas e modelos na xestión de persoas e equipos, na xestión do poder e na propia autoxestión persoal dende a perspectiva de xénero.

Deste xeito esta iniciativa ten por obxectivos presentar novos estilos de liderado e as experiencias de mulleres en diferentes eidos, facendo fincapé nos obstáculos que dificultan o acceso a espazos de decisión e postos de responsabilidade.

También te puede interesar