Destacados Vigo al minuto

Vigo celebra este martes varios actos coincidindo co ‘Día Mundial de Concienciación sobre el Autismo’

“I ∞ autismo. Unha dinámica nova para o autismo” é o proxecto realizado pola confederación Autismo España para conmemorar o Día Mundial de Concienciación sobre el Autismo, que se celebrará o día 2 de abril.

O principal obxectivo desta campaña é concienciar sobre a diversidade e achegar información para lograr que a sociedade mude a súa mirada respecto ao autismo, favorecendo a inclusión. Conseguir servizos coa formación necesaria para tratar as persoas con trastorno del espectro autista e loitar por mellorar a súa calidade de vida é imprescindible. Para lograr acercar esta mensaxe a maior poboación posible, diferentes ciudades súmanse a campaña realizando diferentes actos. Desde Vigo, a encargada da campaña de concienciación é a Fundación Menela, unha recoñecida entidade sen ánimo de lucro que conta con 40 anos de experiencia atendendo as necesidades das persoas autistas e as súas familias.

A campaña divídese en dous actos: o primeiro será o martes 2 de abril no Auditorio Municipal do Concello de Vigo de 11:15 a 13:00h e, o segundo, o sábado 6 de abril frente ao museo Marco de 11:00 a 13:00h.

O Auditorio Municipal acollerá no seu programa do día 2 a escenificación dos alumnos e alumnas do Colexio Menela, que compartirán co público as súas experiencias. Detallarán a necesidade de lograr unha educación específica para as persoas autistas e o moito que axudaría para enfrentarse ao mundo laboral. Leerán un manifesto coa participación das súas familias e representantes políticos e a Orquestra Castro Navás amenizará coa súa música o acto.

Por outra parte, o día 6 no museo Marco se realizará un acto conxunto de escenificación por Fundación Menela, Autismo Vigo e TEAVI onde se formará o símbolo do infinito para visibilizar a diversidade. Ademais, tamén se lerá un manifesto.

También te puede interesar