Comarcas

O Xulgado aproba o acordo acadado polo Goberno local e os acreedores do Concello de Salceda para que estos cobren

O Xulgado Contencioso Administrativo Nº3 de Pontevedra ven de homologar o acordo acadado entre o Concello de Salceda de Caselas e a Asociación de Provedores, que vai permitir o pagamento dos 998.883,87€ “bloqueado ata o de agora polos grupos da oposición de Salceda, Partido Popular e Partido Socialista”, segundo informa o Goberno local.

A Asociación de Provedores do Concello de Salceda de Caselas, “logo da negativa de PP e PSOE para aprobar as súas facturas en Pleno”, tivo que presentar de novo un recurso contencioso administrativo reclamando o cobro das súas débedas o pasado 15 de marzo, que foi admitido a trámite o 21 do mesmo mes.

O 22 de marzo chegábase a un acordo transaccional entre o Concello e a Asociación de Provedores, para que o pagamento do adebedado puidese facerse canto antes, presentando dito acordo ante o Xulgado o día 26. Tan só dous días despois, o 28, a xuíza encargada do caso emitiu a homologación do acordo transaccional, establecendo un prazo de dez días para que o Concello realice o pago das facturas pendentes.

Segundo subliña o Goberno local, “o acordo entre as partes vai supoñer o aforro dos xuros de demora e as custas xudiciais”.

Te podría interesar