Destacados Vigo al minuto

A Mesa pola Normalización inicia unha campaña contra a suposta «imposición» do galego

A Mesa pola Normalización Lingüística comezou este luns unha campaña de denuncia contra a suposta «imposición» do galego.

A través de cartaces que se repartirán polas diferentes localidades de Galicia e mais nas redes sociais, o organismo de defensa dos dereitos lingüísticos recorda que “o ensino infantil en galego nas cidades non supera o 8%, que non hai máis dun 0,6% de xoguetes en galego e que o 22,7% das nenas e nenos galegos de 5 a 14 anos non saben falar na súa propia lingua”.

A esto súmase que non existen diarios impresos en galego, só o 4% das canles de televisión que recibe a cidadanía galega recollen a súa lingua, as sentenzas en galego supoñen un 5% do total e as pólizas de seguro en galego, un 1%.

O portavoz da Mesa, Marcos Maceira, lembra que estes son só algúns dos centos de datos que, en todos os sectores, evidencian a ausencia absoluta de liberdade para o uso do galego por falta de dispoñibilidade. «Unha clara inferioridade de condicións que impide vivir en galego con toda normalidade», asegura, «en igualdade e liberdade».

Esta situación de desigualdade no Estado conta co amparo de máis de 500 disposicións legais que obrigan á presenza do castelán, sen sequera ter en conta a existencia do galego. «Os datos demostran», conclúe Maceira, «que o discurso da imposición tan utilizado polo Partido Popular só agocha a vontade de reducir a cero a xa precaria presenza do galego como tamén demostra a vontade de prohibir o coñecemento do galego no acceso ao funcionariado autonómico manifestada publicamente polos líderes estatais do PP».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.