Comarcas

@depo_es aproba dous novos investimentos en Redondela por un importe de 578.000€

O Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou dous novos investimentos por un valor de 578.467,6€  para Redondela con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019.

En concreto, 438.708,03€ son para financiar os servizos e pavimentación na contorna do pazo de Torres de Agrelo, e 139.759,57 van destinados á mellora de accesos ao paso superior no PK161+500 da liña 810 de Adif, de Monforte de Lemos a bifurcación Chapela, Os Valos.

A primeira das actuacións comprende a execución das obras necesarias para dotar dos servizos de saneamento e abastecemento a diferentes núcleos situados na contorna do pazo de Torres de Agrelo.

Así, as obras supoñen actuacións na rede de saneamento de augas fecais, na rede de augas pluviais, na rede de abastecemento, e, tamén, a pavimentación e reforzo do firme.

Pola súa banda, a mellora de accesos ao paso superior da liña 810 de Adif require a realización de movementos de terras, muros de mampostería, pavimentación, a limpeza dos elementos de drenaxe, e a mellora da seguridade viaria coa instalación en diferentes puntos do ámbito de actuación de elementos redutores de velocidade.

También te puede interesar