Vigo al minuto

@MareaVigo e @LiberaONG impulsan seis medidas para mellorar a protección animal na nosa cidade

Marea de Vigo e a Asociación Animalista Libera, veñen de facer varias propostas no eido da actuación municipal de cara a mellorar a situación dos animais na nosa cidade.

Imaxes: Paula Crespo/Rubén Pérez, voceiro de Libera, expuxo este venres seis medidas que serán asumidas por Marea de Vigo no seu programa de cara ás vindeiras Eleccións Municipais.

As mesmas fan referencia, en primeiro lugar, á reforma e adaptación da Ordenanza Municipal Animal á Lei de Protección dos animais, de Galicia. Neste senso Libera lembra que dende o Concello de Vigo non se levou adiante acción algunha e subliña a importancia de que a cidade máis poboada de Galicia conte cunha ordenación punteira.

Do mesmo xeito, a asociación animalista pediu, como hai días, a reformulación do VigoZoo, de xeito que deixe de ser un “contedor de animais silvestres” e que pase a ser un centro de recuperación animal.  

Libera cre que hai que impulsar un programa integral de control das colonias de gatos ferais; ademáis hai que facer un esforzó na xestión da fauna urbana, “dende a base de sacrificio cero” e fomentando a esterilización, en especial de gaivotas e pombas.

Os animalistas estiman que o Concello non debe permitir a participación de animais, especialmente équidos, nos desfiles e que debe de pechar a unidade a cabalo da Policía Local, destinando os 33.000€ que custa ao ano a acción moito máis urxentes e necesarias.

Por último, Libera estima que dende a administración local é posible establecer medidas preventivas e disuasorias en relación coa fauna silvestre, coma o xabarín, rexieitando actuacións completamente absurdas, coma a súa caza con arco.

También te puede interesar