'Qué te cuentas?' Comarcas

@depo_es aproba aumentar o servizo de Teleasistencia que chegará a 1.000 persoas

O Goberno da Deputación aprobou este venres  a ampliación do Acordo Marco vixente do Servizo de Teleasistencia, que na actualidade permitía prestar servizo ata un máximo de 700 persoas e que, a través deste incremento, vai poder chegar ata as 1.000.

“Aínda que non tiñamos competencias, non podemos permitir que haxa unha soa persoa maior que quede sen este servizo tan importante para manter a súa autonomía e a súa calidade de vida”, explicou a presidenta para referirse a este programa.

Carmela Silva indicou que é moi necesaria esta ampliación de prazas, xa que se trata dun servizo cada vez máis demandado, ao tempo que tamén permite manter e mellorar a calidade de vida das persoas maiores ou con algún tipo de diversidade.

Teleasistencia, cofinanciada entre a Deputación e os concellos, é un servizo preventivo de axuda e apoio para persoas que precisan dunha atención continuada, que deste xeito poden continuar vivindo no seu domicilio con tranquilidade e seguridade.

Durante este ano 2019, o número de persoas usuarias é de case 700, cun incremento de usuarias e usuarias paulatino dende fai anos. Por este motivo, dende a Deputación decidiuse a ampliación en 300 prazas máis, de tal xeito que poidan ir quedando cubertas todas as demandas. As persoas usuarias son veciñas e veciños de 46 concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes.

You may also like