Galicia

@En_Marea proporá unha Lei de Renda Social que supere a actual Risga para loitar contra a pobreza e a exclusión

En Marea proporá no Parlamento de Galicia unha Lei de Renda Social que supere a actual Renda de Inserción Social de Galicia (Risga). O obxectivo é o de loitar contra a pobreza e a exclusión.

Así o avanzou a deputada Paula Verao despois de manter unha xuntanza con responsables de EAPN Galicia – Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión, na que tamén participou a responsable de Municipalismo de En Marea, Ana Seijas.

EAPN trasladou as ideas que considera fundamentais para que as forzas políticas as incorporen nos seus programas de cara ás eleccións municipais. Para Paula Verao, estas propostas “deben ir acompañadas de políticas autonómicas que desenvolvan plenamente as competencias que ten a Xunta en asistencia social”.

De aí a proposta que levará En Marea ao Pleno, xa que o decreto que desenvolve a Risga chega cinco anos tarde, e aínda que mellorou aspectos que eran unha demanda dos colectivos que loitan contra a pobreza, esixe un maior esforzo orzamentario”.

“Presentaremos esta Lei de Renda Social porque o emprego a día de hoxe non garante a inclusión social. Estas prestacións teñen que estar dirixidas tamén ás persoas que sofren a precariedade do emprego”.

You may also like