Comarcas

Veciñas de As Neves participan nun curso de informática impartido xunto co programa de Google ‘Dixitalizadas’

O Centro de Formación Profesional, EFA A Cancela, de  As Neves,  levou a cabo unha das actividades para as que naceron as EFAs ,as Escolas Familiares Agrarias: contribuír a mellorar o nivel educativo, a formación e con iso a sostenibilidad, o futuro das zonas rurales.

“Trátase dun modo de axudar a xerar emprego e autoempleo, de fixar a poboación e -entre os maiores- reivindicar a dignidade e o futuro de elixir o rural”, empregando as novas tecnoloxías.

O curso de informática para mulleres da Asociación de Mulleres Rurais das Neves, impartiuse xunto co programa ‘Dixitalizadas’ de Google. Entre as asistentes “había persoas que non acenderan un ordenador na vida, pero con toda a ilusión, as ganas e o interese por dar ese salto ao futuro”.

70 anos despois do nacemento das primeiras Escolas Familiares Agrarias, continúa a tarefa empoderando ás mulleres do rural -as novas, pero tamén ás non tan novas- con xestos reais: con formación, coñecemento, e novas oportunidades.

You may also like