Ciencia y Tecnología Galicia

Galicia supera os 8.000 transplantes de órganos

Dende o ano 1981 realizáronse en Galicia máis de 8.000 transplantes de órganos, dende o primeiro, realizado pola sanidade pública galega.

Segundo subliña a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) , máis da metade deses transplantes foron de fígado e ril, concretamente fixéronse 4.203 de ril, 2.229 de fígado, 810 de corazón, 647 de pulmón e 111 de páncreas.

O ano pasado Galicia acadou o maior número de transplantes: 354, o que supón preto de unha intervención de transplante cada día.

Esto é posible pola solidariedade das galegas e galegos: hoxe 11.565 teñen carné de doantes de órganos, preto de 4.000 delas fixéronse doantes o ano pasado.

También te puede interesar