'Qué te cuentas?' Cultura

#CarlosBlanco Premio Pedigree 2019 do @festivaldecans

A Asociación Arela, organizadora do Festival de Cans, decidiu concederlle nesta edición o Premio Pedigree 2019, o seu máximo galardón honorífico, ao actor Carlos Blanco, «pola súa traxectoria de case tres décadas no mundo da interpretación, e pola súa disposición sempre para traballar con creadores e creadoras novos e, sobre todo, con curtametraxistas».

Ademais disto e da súa ampla traxectoria, o Festival entregaralle este galardón a Carlos Blanco pola súa labor como cidadán crítico e persoa comprometida coa sociedade.

Chimpíns de Prata

Así mesmo, a organización do festival decidiu outorgarlle os Chimpíns de Prata «Premio Pepe Puime», que recoñecen cada ano o apoio que unha personalidade lle outorga ao festival e mais o labor dos veciños e veciñas de Cans, á actriz e presentadora Neves Rodríguez, que acude ano tras ano ao festival e o dá a coñecer sempre que ten ocasión, e aos veciños Paz Acuña e Rafa González, propietarios da casa que acolle a todos os convidados e convidadas do festival no seu Día Grande e un dos nosos anfitrións máis imprescindibles.

A casa de Paz e Rafa é cada ano o punto de partida da nosa procesión de chimpíns e, ademais, teñen no seu garaxa un pequeno museo con fotografías da historia do Festival.

Recoñecemento á xornalista Pilar Comesaña

Como novidade, o Festival de Cans crea este ano un novo galardón para recoñecer o traballo de profesionais da comunicación destacados pola súa contribución dando a coñecer o traballo do festival. Este Chimpín de Prata levará o nome da nosa veciña Divina Campos, pintora, pandereteira, narradora oral e entusiasta do festival falecida este ano aos 86 anos.

O Festival quere recoñecer con este Chimpín de Prata «Premio Divina Campos» o traballo da xornalista Pilar Comesaña, unha das grandes referencias da información de cine en Galicia ao adicarse durante máis de tres décadas ao xornalismo cultural. Para o Festival de Cans, Pilar simboliza o traballo serio e comprometido con creadoras e creadores, sobre todo cos máis novos que están comezando, sempre cun traballo moi rigoroso dende detrás das cámaras.

O festival do 22 ao 25 de maio

Todos eles recollerán o seu premio durante a celebración do Festival, que terá lugar do 22 ao 25 de maio. Farano concretamente na «Noite das Homenaxes» que se celebrará o venres 24 no Torreiro de Cans, nun acto que rematará coa colocación de estrela de Carlos Blanco. Deste xeito o actor compartirá espazo no célebre «Torreiro das Estrelas» xunto a personalidades do audiovisual galego como: Antón Reixa, Antonio Durán «Morris», Mabel Rivera, Javier Gutiérrez, Luis Tosar, María Pujalte ou Chelo Loureiro.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.