Galicia

@AsNevesConcello logra que a @Xunta mellore a sinalización, visibilidade e seguridade do cruce de Setados

As xestións feitas polo Goberno local das Neves diante da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, para poñer solución ao xiro no cruce da PO-400 cara a parroquia de Setados, deron resultados.

Este mesmo martes, a consellería está modificando o pintado da sinalización horizontal desta estrada, de xeito que sexa posible realizar o xiro cara a pista que leva a Laxes, a Igrexa e que conecta coa maioría da parroquia de Setados.

O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, subliña que trátase dunha medida «provisoria» de cara a que se artelle a solución definitiva que o Goberno local entende sería a ‘colocación’ dunha ‘rotonda’ ou unha ‘raqueta’ neste cruzamento, «garantindo a seguridade para os vehículos e as veciñas e veciños que pasan camiñando por esta zona».

A nova sinalización, que incorpora un espello no cruce, modifica o ancho dos carrís de circulación neste lugar, «mellora a visibilidade e fai máis doada e máis segura a saída cara As Neves, tal e coma pedían os habitantes de Setados e reclamamos dende o Goberno local».

Ao mesmo tempo que se cambia a sinalización, o Concello está a levar adiante o asfaltado do treito dende este cruce ata a entrada da parroquia «que estaba en moi mal estado e que agora quedará arranxado cunha nova pavimentación».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.