Comarcas

@depo_es financia en Redondela, con 218.000€, o saneamento do lugar de Campiño-Porto Cabeiro

O Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar un novo investimento para Redondela con cargo á liña 1 do ‘Plan Concellos 2019’. En concreto, 218.028,91€ cos que a vila poderá financiar o saneamento no lugar de Campiño-Porto Cabeiro.

Máis polo miúdo, a actuación ten por obxecto dotar do servizo de saneamento a un núcleo pertencente á parroquia de Cabeiro. As obras implican a execución dunha rede que funciona por gravidade e formada por un colector principal de 727 metros de lonxitude.

Este colector principal e un dos secundarios entroncarán na rede existente que discorre pola marxe esquerda da nacional N-555. Ademais, a rede vaise completar con 39 acometidas e 81 pozos de rexistro de 1 metro de diámetro interior.

También te puede interesar