Cultura Destacados

En Vigo non andamos na pola plantando árbores: temos 11.150 nas rúas da cidade

O Concello plantou no último ano 3.803 árbores, segundo indicou o alcalde en rolda de prensa, logo de compartir con 25 alumnos do colexio Alba o transplante de catro oliveiras nas inmediacións da rúa Torrente Ballester, con motivo do Día da árbore ou do Día Internacional dos bosques.

Nos últimos meses, plantáronse exemplares en Samil, Avenida Castelao, nos parques forestais, en diferentes comunidades de montes, ademais de repoñer 620 unidades en diferentes rúas da cidade.

En Vigo hai 11.150 árbores de aliñación nas rúas, dos que 4.500 se plantaron nos últimos doce anos, o que nos permitiu duplicar a masa forestal urbana, sen incluír as especies dos parques forestais nos que transplantaron ducias de miles.

You may also like