Galicia Sucesos

@Xunta activa as ‘paradas seguras’ en horario nocturno nos servizos de autobús interurbano en 85 concellos

O Goberno de Galicia vén de activar as paradas seguras en horario nocturno nos servizos de autobús interurbano prestados en 85 concellos.O Plan de Transporte Público de Galicia, que comezará a funcionar o vindeiro mes de agosto, permitirá a posta en marcha destas paradas en horario nocturno en case 2.000 liñas de autobús.

Mentres non entran en vigor as novas concesións, a Xunta xa lles trasladou unha proposta de protocolo ás empresas concesionarias para que poidan poñer en marcha xa esta iniciativa. Así, unhas oito empresas xa comunicaron a adhesión a este protocolo e trasladaron que teñen servizos na franxa comprendida entre as 22,00 e as 07,00 horas.

Esta medida contempla como posibles beneficiarios ás mulleres, ás persoas maiores, aos menores que viaxen sós e aos viaxeiros con mobilidade reducida. Ademais, o plan tamén prevé o funcionamento de varias liñas con horarios nocturnos adaptados ás quendas de determinados grandes centros de traballo.

También te puede interesar