Cultura Destacados

@odscoia organiza a palestra: «Sindicatos de inquilinas. En defensa dun alugueiro xusto!», en Vigo o vindieiro xoves

A Plataforma de Afectados pola Hipoteca de Vigo, Mos, Tui e BaixoMiño xunto á Oficina de Dereitos Sociais (ODS)-Coia organizan unha palestra baixo o título: «Sindicatos de inquilinas. En defensa dun alugueiro xusto!». Será este vindeiro xoves, 14 de marzo, ás 19:30 e conta coa presenza de Nùria Comerma i Cortada, activista do Sindicat de Llogaters de Barcelona. O acto celebrarase nos locais da parroquia do «Cristo da Vitoria» (rúa Baiona 9, Coia – Vigo).

“Levamos anos na loita pola defensa do dereito á vivenda e a un alugueiro asequible, estable, seguro e digno. Co obxectivo de avanzar na reivindicación colectiva dos nosos dereitos convidamos a unha compañeira do Sindicat de Llogaters de Barcelona para falar sobre a súa experiencia neste sindicato”.

Estes sindicatos nacen «como una iniciativa transversal pero con una clara conciencia política y colectiva. Queremos aglutinar a los vecinos que vivimos de alquiler para reivindicar conjuntamente nuestros derechos».

Quen teña dúbidas coma estas: Non atopas vivenda en aluguer? Coa RISGA, PNC, RAI ou subsidio non achas vivenda? Non teño nómina, nin aval polo que ninguén me aluga? Pode acudir a esta palestra.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.