Comarcas

@depo_es celebra en Vigo a Gala de Turismo Rías Baixas e nomea embaixadora a Emma Lustres

A Deputación rendeu homenaxe, este martes en Vigo, ao turismo da provincia nun evento que nomeou a Emma Lustres, fundadora e directora de ‘Vaca Films’- a premiada productora galega, que so este ano logrou 3 Goya e varios Mestre Mateo pola película ‘La Sombra de la ley’- primeira Embaixadora de Rías Baixas e distinguiu ao sector cos selos SICTED.

A cerimonia foi conducida pola actriz Deborah Vukusic e o actor Carlos Blanco e contou coas actuacións de Rosa Cedrón e “Media Punta”
Representantes do mundo social, artístico, cultural, político e Estrelas Michelín acodiron a esta cita. Carmela Silva subliñou que “vivimos nun tempo novo para o turismo, repleto de desafíos e oportunidades e estamos moi ben posicionados cun destino único”.

Fame de experiencias
Na súa intervención, a presidenta da Deputación fixo un percorrido “polas paisaxes, camiños a Compostela, festas e experiencias para os cinco sentidos que temos na provincia”, e invitou ao mundo “a que nos visite, que veña a este paraíso para saciar a súa Fame de Experiencias. Que as vivan, o conten e repitan”, dixo. Tamén agradeceu “as empresas que apostan pola calidade que contribúen a consolidar e prestixiar o noso destino”, e recoñeceu especialmente ás persoas que fan posible a enogastronomía, ás produtoras e produtores nos que se inspira a campaña deste ano da Deputación. “Detrás dese éxito hai moita xente, traballadoras e traballadores do marisqueo, a pesca, a gandería, a produción vitivinícola, o campo, a distribución e a restauración que producen e serven a mellor materia prima da nosa gastronomía”.
Silva sinalou que “vivimos nun tempo novo no sector turístico, de grandes desafíos e oportunidades, e estamos moi ben posicionados. Temos un destino de costa e interior único, cunha gastronomía de excelencia e un patrimonio e unha cultura extraordinarios. Temos un sector turístico fortemente profesionalizado e unha administración como a Deputación entregada para acadar o noso obxectivo xunto cos concellos e o sector privado”.

También te puede interesar