Galicia

30 días de folga dos traballadores de ambulacias

Os traballadores das ambulancias galegas están a piques de cumprir 30 días non consecutivos de folga. Coa mesma reclaman un novo convenio colectivo que garanta unhas condicións laborais dignas. O paro, convocado pola CIG, CCOO e UGT, converterase en indefinido a partir do vindeiro mércores día 20 no caso de que as partes non cheguen antes a un acordo que permita desbloquear o conflito.

As negociacións para renovar o convenio continúan suspendidas despois de que a patronal decidise levantarse da mesa o pasado xoves.

Aínda non existe unha data para retomar os contactos, polo que o o persoal das ambulancias continúa coas mobilizacións. A fin de semana desenvolveron unha protesta en Ribeira, durante a celebración dun acto do PP no que participou o presidente do Goberno de Galicia. Con anterioridade levaron a cabo concentracións, manifestacións e mesmo unha protesta diante da casa do conselleiro de Sanidade.

As organizacións sindicais e os traballadores do sector continúan a amosarse moi críticos co papel que o Goberno galego está a xogar no conlfito, tendo reclamado en numerosas ocasións a dimisión tanto do conselleiro como do propio Núñez Feijóo.

También te puede interesar