Deportes

Galicia campioa de España senior de combate de taekwondo

A selección galega logrou en Alacante a primeira posición na clasificación xeral por equipos no Campionato de España sénior de combate de taekwondo. Os deportistas galegos acadaron o primiro posto en categoría masculina e o segundo en feminina.

Galicia conseguiu un total de 14 medallas -tres ouros, cinco pratas e seis bronces-. Os ouros foron para Arlet Ortiz, Sara Cortegoso e Iván García, mentres que houbo cinco pratas (Manu Parada, Pablo Fernández Eiras, Miryam García, Adrián Pombo e Sofía Pérez) e seis bronces (José Fernández Rey, Lorena Pardo, Junior Luciano Martínez, Lúa Piñeiro, Elena Pérez e Tania Castiñeira).

También te puede interesar