RGPD - Cookies
Comarcas

@DignaRRivas presenta ás catro mulleres que a acomparán nos dez primeiros postos da lista do PSdG de Redondela para as Eleccións Municipais

“Mulleres vinculadas ao mundo asociativo e comprometidas e convencidas da necesidade dun cambio que faga de Redondela un municipio máis xusto, solidario e igualitario”. Así definiu Digna Rivas ás catro mulleres que a acompañarán na candidatura nos dez primeiros postos da lista do PSdeG-Redondela cara as vindeiras municipais do mes de maio.

Rivas salientou o feito de que todas elas son traballadoras en activo “que entenden a política como sempre a entendemos dende o PSdeG-Redondela”. A candidata salientou a “súa vocación de servizo á cidadanía e como un medio de mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas”.

Á candidata socialista a acompañarán, no número tres da lista, María Castro Abal (Redondela), traballadora da administración pública e membro da ANPA do CEIP de Santa Mariña.

O número cinco será para Marta Alonso Domínguez (Redondela), directora de escola infantil. Olga María García Ballesteros (Chapela), delegada e tesoureira do C.B. Chapela e compoñente da ANPA do CEIP de Laredo, ocupará o número sete. Pola súa banda, no número nove, figura Iria Vilaboa Álvarez (Vilar), muller estreitamente vinculada ao movemento cultural e veciñal.

También te puede interesar