Galicia Vigo al día

Entroido en Teis este luns

A Asociación Veciñal e a Asociación de Comerciantes do mercado de Teis, organizan conxuntamente, un ano máis, as actividades do Entroido en Teis. As mesmas serán este  luns 4 de marzo a partir das 17:30 horas, no espazo peonil do Mercado.

Haberá animación infantil con Barafunda Teatro, desfile de disfraces, inchabel e a actuación da comparsa da Asociación ” Os ceboleiros de Teis “. Entre os participantes no desfile de disfraces haberá sorteo de agasallos.

También te puede interesar