Cultura

@depo_es abre este luns o prazo de inscrición para ‘Depo Aventura A Lanzada’

Desde este luns, día 4, e ata o vindeiro 26 de marzo estará aberto o prazo de inscrición para participar en «Depo Aventura A Lanzada». Trátase do programa da Deputación de Pontevedra organizado no Centro de Vacacións da Lanzada e que este ano volverá a contar con 11 quendas que arrancarán o 23 de xuño e rematarán o 7 de setembro.

O programa, que ten por obxectivos achegar á mocidade actividades que contribúan ao seu enriquecemento persoal, á adquisición de habilidades sociais e ao coñecemento de espazos de interese fóra da súa contorna habitual, está ideado para rapazas e rapaces de entre 8 e 13 anos -nacidos entre o 2006 e o 2011-. 

«Depo Aventura A Lanzada 2019» estará organizado en 11 quendas. A primeira delas comezará o 23 de xuño e rematará o 29 e as seguintes serán do 30 de xuño ao 6 de xullo, do 7 ao 13 de xullo, do 14 ao 20 de xullo, do 21 ao 27 de xullo, do 28 de xullo ao 3 de agosto, do 4 de agosto ao 10, do 11 ao 17 de agosto, do 18 ao 24 de agosto, do 25 ao 31 de agosto e, a última quenda, do 1 de setembro ao día 7.

En total, as prazas ofertadas pola institución provincial para este campamento de verán ascenderon a 2.200, sendo 315 delas gratuítas para aquelas familias que se atopen en situación ou risco de exclusión social, algo que o goberno de Carmela Silva leva facendo dende a súa chegada. O resto das inscricións terán un custe de 100€ e 80 nos casos de pertencer a familias numerosas, en ambos casos a Deputación de Pontevedra financia o valor restante ata chegar aos 200 euros que valen cada unha das prazas de “Depo Aventura A Lanzada”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.