RGPD - Cookies
Destacados Sucesos

85 feridos en accidentes de tráfico nas estradas galegas a pasada fin de semana

O persoal do 061 asistiu durante a fin de semana a 85 persoas debido a 59 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, 1, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 3 dde marzo.

ACentral de Coordinación do 061, recibiu nestes días 71 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 59 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 85 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 75. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en tres accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 62 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en seis ocasións.

En 73 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 12 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

También te puede interesar