Destacados Vigo al minuto

Este é o Programa do ‘Entroido de Vigo 2019’

O programa do Entroido arranca o venres 1 de marzo ás 6 da tarde coa animación do grupo “Futurismo galáctico” por distintas zonas da cidade, ás 8 se entronizará o MECO, na Porta do Sol, onde comezará o concerto de Chenoa ás 8 e media.

Xa o sábado, día 2,  a animación chegará ás 5 da tarde, como antesala do desfile de comparsas e carrozas que comezará ás 6 na rotonda de Isaac Peral cara a Porta do Sol, pasando por García Barbón e Policarpo Sanz. Ás 10 e media da noite  será cando a música de Sidecars soe no  scenario situado preto do Sireno.

Empezará deportivo o domingo, coa ‘V Carreira Popular do Entroido Concello de Vigo’. Ás 10 da mañá será a quenda infantil, na rúa Príncipe, e ás 11 comezarán as modalidades absolutas co seguinte percorrido: Porta do Sol, Elduayen, Paseo de Alfonso XII, Pi i Margall, López Mora, Camelias, Romil, Cachamuíña, Ronda don Bosco, Progreso, Doctor Cadaval e Porta do Sol.

Pola tarde volverá a animación de rúa, con charangas por diferentes rúas da cidade, ao tempo que na Porta do Sol os máis pequenos presenciarán a actuación de “Abordaje Pirata”. Ao rematar, terán a oportunidade de gozar dunha chocolatada.

Os nenos e nenas volverán ser protagonistas o luns, con obradoiros infantís e outra chocolatada na Porta do sol, a partir das 5 e 6, respectivamente.

O tradicional concurso de disfraces será o martes 6 de marzo, diante do MARCO, e contará con animación musical. Para a categoría infantil -ata 13 anos – (individual e grupo conxuntado), o horario de inscripción será de 16,30 a 17,30 h. Os aspirantes na categoría xeral -a partir de 14 anos – terán que inscribirse logo das 18,30 h.

A partir das 9 e media da noite, chegará o momento de entronizar o MECO, e na Porta do Sol poderemos gozar da música dos vigueses Tony Lomba & Elio dos Santos. Máis tarde, tamén se subirán ao escenario Herdeiros da Crus.

O Entroido 2019 rematará o mércores 6 de marzo coas exequias funerarias solemnes das comparsas e o acompañamento e dó da comitiva que sairá da Porta do Sol cara Príncipe, para pasar polas rúas Colón e Policarpo Sanz para voltar á Porta do Sol onde terá lugar o sepelio do MECO cos seus correspondentes oficios laicos -responsos e sermóns incluídos -.

Finalmente, farase lectura da acta do xurado do concurso de comparsas e carrozas e procederase á entrega de premios.

También te puede interesar