Galicia

Xubilados de CCOO da Louriña falarán o día 28 das pensións, a dependencia, pobreza enerxética e a folga de mulleres do 8 de marzo

O vindeiro xoves, día 28, ás 11 da mañá no local de CCOO no Porriño-rúa Atarela-, celebrarase unha Asemblea de Afiliados da rema Pensionistas da Comarca da Louriña.

A asemblea tratara da situación actual das pensións e da dependencia; do déficit enerxético e das mobilizacións previstas para o vindeiro 8 de Marzo e da folga na loita das mulleres pola igualdade social e laboral e contra a violencia machista.

Ademais, a xuntanza servirá para a recollida de sinaturas para facilitar o acceso ao ‘Bono Enerxético’, a aquelas persoas que, pola súa situación, o precisan.

You may also like