Destacados Vigo al minuto

O comité de Bosch impugnará o ERE temporal para 800 traballadores en Vigo

O comité de empresa de Bosch, compañía con sede en Vigo, impugnará o ERE temporal para 800 traballadores.  Ao mesmo tempo a representación do persoal convocará asembleas en marzo para decidir outras medidas de presión.

Os traballadores denuncian que “a empresa ten 98 vacantes, pero négase a reubicar o persoal se non pasa unha proba de perfís”.

Ao meso tempo, anuncian que no vindeiro mes de marzo convocarán asembleas nos dous centros de traballo de Vigo -Avenida de Madrid e María Berdiales, con máis de 2.000 empregados-para decidir outras medidas de presión para rexeitar a decisión da empresa. Lembran que ademais do ERTE, a dirección levou a cabo 200 despedimentos entre o persoal de ETT dende o mes de decembro.

O argumento que esgrime a empresa para xustificar a medida é a parda de proxectos derivada dos despidos que vai aplicar Vodafone, compañía que está a deslocalizar traballo para países como Colombia ou Exipto. “O único que xeito que temos de frear esta sangría é que a xente demande atención telefónica en galego”, sosteñen.

También te puede interesar