'Qué te cuentas?' Cultura

O Concello prorroga os servizos de ‘Canguros’ e de Educación Básica de Adultos

O Goberno local vén de aprobar a prórroga do contrato do Servizo Municipal de Atención Domiciliaria á Infancia (SADI). O mesmo contará cun importe de 158.198,43€ a través da adxudicación a Mulleres Progresistas de Vigo.

Este programa, coñecido popularmente como ‘Canguros’ atendeu o an pasado a 76 familias con 111 menores. Durante o mesmo  prestáronse 11.999 horas e 4.079 servizos.

Tamén quedou prorrogado o contrato do Programa Municipal de Educación Básica de Persoas Adultas cun importe de 36.500€. Os beneficiarios o pasado ano foron 150 -máis do 90% mulleres-. Este servizo prestouse a través de asociacións de Teis, O Calvario, Cristo da Victoria, Sárdoma, Bembrive, Lavadores, Calvario, Valadares e Mulleres Progresistas.

Te podría interesar