Ciencia y Tecnología Vigo al día

As nenas e nenos do Cunqueiro irán ao quirófano en descapotable (Vídeo)

Os nenos e nenas ingresados no Hospital Álvaro Cunqueiro poderán acudir a partir de agora á súa cita cirúrxica ou á realización de probas diagnósticas no seu propio vehículo eléctrico.

Este mércores, os corredores da área pediátrica do Cunqueiro convertéronse en pistas dun circuito de carreiras. Foron os pequenos hospitalizados quenes probaron os tres coches teledirixidos. Os mesmos foron  doados pola ‘Cafetaría Apetéceme’ ao Hospital. 

Os coches -modelo Mercedes- levan un control remoto para os adultos con dúas velocidades.  Contan cun completo equipamento, luces, claxon, mp3 e música.

Dous dos coches irán destinados á UCMA pediátrica. Preténdese o traslado dos nenos e nenas hospitalizados ata o quirófano nestes descapotables teledirixidos. A finalidade é a de reducir a súa ansiedade antes de entrar na sala de operacións.

O outro vehículo irá destinado ao servizo de Pediatría para o traslado dos menores a realizar probas diagnósticas durante o seu ingreso hospitalario.

También te puede interesar