Galicia Vigo al minuto

@primaveradocine recibiu xa preto de 150 obras a concurso

A menos de dúas semanas de rematar o prazo de inscrición de obras a concurso, o Primavera do Cine xa recibiu preto de 150 obras das que “destaca a súa calidade e actualidade”. Unha das grandes novidades da sección oficial da VIII edición, será que todos os traballos estarán producidas desde o ano 2017 en adiante, “buscando así ofrecer un contido moito máis novidoso”.

Nesta nova convocatoria destaca tamén a presenza non só de Galicia, se non tamén de Brasil, que xa o ano pasado tivera unha relevancia importante.

O prazo de inscrición segue aberto e todos os cineastas ou produtoras que queiran enviar os seus proxectos poderán facelo inscribíndose na web ata o 25 de febreiro. Os traballos audiovisuais deberán ser de produción galega ou lusófona e poderanse entregar tanto curtametraxes coma longametraxes e videoclips.

O festival

O certame, que terá lugar entre o 30 de abril e o 5 de maio, está xa a traballar no resto de actividades paralelas que complementarán a sección oficial. Así, entre os actos máis importantes, encóntranse, entre outros, Cine Miúdo, destinado a cativos e cativas de infantil e primaria; Cine nos Barrios, que achegará o cine aos veciños da cidade ou o Ciclo de Cine Brasileiro, un evento que tivo unha gran repercusión o ano pasado e que conseguiu encher as salas dos Multicines Norte en cada unha das súas sesións.

Durante abril e maio, o Primavera do Cine promoverá o cinema e a cultura para que Vigo poida gozar dun festival cada vez máis afianzado na cidade e sempre cuns prezos populares.

También te puede interesar