Comarcas

@AsNevesConcello segue coa sinalización dos barrios e parroquias

O Concello das Neves iniciará nos vindeiros días a segunda fase de instalación de sinais informativas nos barrios e parroquias. “Colocaranse 150 sinais no resto das parroquias que estaban pendentes”, sinala o alcalde Xosé Manuel Rodríguez Méndez.

Con esta iniciativa, “o territorio municipal estará totalmente sinalizado con arredor de 285 sinais”, un traballo que estará rematado en apenas dous anos logo dun investimento total de 83.000€.

O alcalde lembra que este proxecto foi “principal” na xestión do Goberno local, pero “tamén unha das demandas máis estendida entre a veciñanza, nas xuntanzas do Concello Escoita, que volve, de novo, ás parroquias”. “Con este proxecto logramos mellorar as comunicacións por estrada, por en valor a nosa toponimia e tamén xerar orgullo de ser de cada barrio ou lugar no conxunto das Neves”.

You may also like