Galicia Vigo al minuto

@MareaVigo compara a xestión de @abelcaballero coa Marbella dos anos 90

O Grupo municipal da Marea de Vigo cualifica o ‘modelo de cidade de Abel Caballero’, como “unha cidade sen investimento social, con índices de pobreza galopantes, e cun abandono das parroquias”. Para a Marea de Vigo, este feito “é sistematicamente borrado a través das inxentes cantidades de diñeiro público usado polo alcalde para crear campañas publicitarias en medios e espazos públicos”.

Marea de Vigo critica que Caballero “estivera toda o mandato anunciando os mesmos investimentos e deixando sen executar a maior parte dos mesmos para concentralos no último ano de lexislatura”.

A xuízo do voceiro de Marea de Vigo, “isto é un insulto aos vigueses que pagan relixiosamente os seus impostos”. Rubén Pérez cualifica de “claro uso partidista e manipulador dos recursos públicos” as campañas de publicidade do alcalde. Por iso “seguiremos fiscalizando os contratos menores que de xeito brutal deitan miles de euros para vender un Vigo inexistente”.

Para a Marea, existen importantes cuestións que marcaron toda a lexislatura de Abel Caballero, como a anulación do PXOM. A elo súmase  o ausente gasto social nunha cidade onde os niveis de pobreza e exclusión social aumentan. Ademáis Marea engade o abandono dos barrios fronte a “milla de ouro” do centro.

Marea, denuncia  a suposta conivencia do Goberno local coas concesionarias, sobre as que non existe control algún. O Goberno local, insiste Pérez,  non da a cara ante os múltiples conflitos laboráis” que xurdiron nalgunha delas.

En vista disto, Marea de Vigo advirte a Abel Caballero que “o camiño da ‘cortina de fume’ que escolleu, non é eterno.  Para rematar, lembra que iso aconteceulle a “moitos alcaldes-monarca no conxunto do Estado.  Tal e como “aconteceu na Marbella dos anos 90, que resultou ser todo un espellismo”.

También te puede interesar