Comarcas Destacados

@depo_es financiou en 4 anos a creación de 5.792 postos de traballo na provincia

O Goberno da Deputacion de Pontevedra vén de aprobar a última achega da Liña 3 de Emprego do Plan Concellos 2019 para o concello de Ponteareas, que recibe 271.397,24€ cos que vai contratar 43 traballadoras e traballadores municipais. Isto supón que a institución provincial pecha a Liña 3 do Plan Concellos 2019, dotada con máis de 9 millóns.

Ese ano, por medio da mesma,  os concellos da provincia poden contratar un total de 954 traballadores.

Con esta achega Ponteareas vai contratar 4 auxiliares administrativos, 2 persoas técnicas de medio ambiente, 1 delineante. A eles súmanse 4 oficiais, 1 monitora ou monitor e 1 persoa licenciada en Dereito. Ademáis delas, tamén 1 persoa diplomada en Xestión e Administración Pública ou Grao en Administración Pública. Ás mesmas hai que sumar, 1 técnica ou técnico en educación infantil, 2 auxiliares de clínica, 1 axudante de cociña,. E, por último, 2 persoas de limpeza, 1 técnica ou técnico en turismo, 18 peóns, 3 albaneis e 1 persoa para fontanaría.

A Liña 3 pon a disposición dos 59 municipios da provincia de menos de 50.000 habitantes máis de 9 millóns. “Nos catro anos de goberno de Carmela Silva, co Plan Concellos téñense creado 5.792 postos de traballo”.

Te podría interesar