Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

@AsNevesConcello e @OneOakBrand impulsan esta fin de semana a plantación de 8.500 árbores máis en As Neves

Este sábado,día 9, e o domingo, 10 de febreiro, centos de voluntarios estarán en As Neves para plantar 8.500 árbores. Trátase da segunda parte da reforestación, dentro do proxecto ‘Renacer das cinzas’, impulsado polo Concello da man da empresa  de complementos de madeira sostibles ONE OAK.

O pasado mes de novembro, máis de 200 persoas plantaron os primeiros 1.500 castiñeiros, freixos e bidueiros, dos 10.000 en total para crear un “cortalunes verde” na ribeira do Miño, a zona pola que entraron as lapas que queimaron o 90% da superficie das Neves en outubro de 2017.

O punto de encontro para as persoas que vaian a participar na plantación estará no Torreiro de Vide, ás 9 da mañá; ás 11 haberá unha parada para coller forzas cun ‘bocata’ e está previsto que a xornada remate ás 2 da tarde. O Concello terá aberto o Pavillón Municipal para aqueles que precisen usar as duchas e  os vestiarios.

“Renacer das Cinzas”, coma sinalaron no seu día o alcalde das Neves, Xose Manuel Rodríguez, e Guillermo Iñiguez, co-fundador de ONE OAK, ten coma finalidade a de responder á  desoladora situación que deixara o lume, con máis de 5.000 hectáreas queimadas. Nun primeiro momento os traballos centráronse nas tarefas de limpeza, pero agora As Neves vai rexurdir e as súas veciñas e veciños, coa axuda dos voluntarios van facer  agromar o bosque autóctono de máis dun milleiro de anos de antigüidade que poboaba este concello.

También te puede interesar