'Qué te cuentas?' Galicia

Maderas Iglesias aplicará o ERE suspensivo a 205 traballadores desde o vindeiro luns

A dirección de Maderas Iglesias confirmou que a partir do luns comezará a aplicar o ERE suspensivo. A mediación celebrada este xoves na Inspección de Traballo rematou sen acordo. O comité celebrará unha asemblea co cadro de persoal este venres.

Durante xuntanza a tres bandas -autoridade laboral, empresa e representación sindical- o comité, presidido pola CIG, reiterou a súa esixencia de que se retirase o ERE dun ano de duración para as 205 traballadores. Neste senso, lembran que a propia dirección se comprometera a isto, compromiso que permitiu desconvocar a folga indefinida.

Os traballadores sosteñen que o único que garantiría a supervivencia da empresa sería a aparición dun grupo inversor.Pero para iso precisamos a implicación da Xunta, tal e como dixo que faría”. Pero polo de agora non se produciu ningún avance nese sentido.

Te podría interesar