RGPD - Cookies
Galicia Sucesos

Dous mortos e 103 feridos nas estradas galegas a pasada fin de semana

O 061 asistiu durante a fin de semana a 103 persoas debido a 65 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, 1, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 3 de febreiro.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 72 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 65 asistencias sanitarias e a atención de 103 persoas.

As ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 72 sinistros. Os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia sanitaria en catro accidentes.

En 90 casos os feridos foron trasladados a centros sanitarios e en 11 atendeuse no propio lugar. Lamentablemente, dúas persoas faleceron no punto.

También te puede interesar