RGPD - Cookies
Galicia

O presidente Feijóo, de viaxe oficial a Miami e Nova York

O presidente do Goberno de Galicia inicia a vindeira semana unha viaxe institucional a Miami e Nova York. Feijóo, segundo informa a Xunta, leva unha “marcada axenda económica e comercial”. O obxectivo da mesma é “reforzar os lazos turísticos de cara ás oportunidades do Xacobeo 2021”.

Feijóo, que comezará a visita o martes 5 de febreiro e estará ata o día 9, manterá durante a súa estancia varios encontros institucionais, económicos e culturais. O preseidente estará acompañado polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e por unha delegación formada por numerosas empresas galegas do sector do contract.

No ámbito económico, o presidente exporá as oportunidades de Galicia ante as cámaras de comercio de Miami e Nova York.

Xunto ao Clúster de turismo e os portos de A Coruña, Ferrol e Vigo, en Miami, visitará a terminal de contedores e a terminal de cruceiros. Posteriormente, “celebrará unha xuntanza coas principais compañías de cruceiros na cidade”. O titular do Goberno galego tamén se reunirá co alcalde do condado de Miami-Dade, Carlos A. Giménez.

También te puede interesar