Comarcas Destacados

Complícase o futuro de Maderas Iglesias ao non haber inversores interesados en facerse coa empresa

O persoal de Maderas Iglesias, comunicoulle á Xunta que rexeita o ERE temporal anunciado pola dirección. É o noveno ERE presentado en nove anos. Dende o comité insistiron en que a compañía ten que cumprir o acordo que permitiu desconvocar a folga indefinida. Ademáis, permitir que as traballadores que queiran rescindir os seus contratos o fagan nas condicións dos que se acolleron ao ERE anterior.

Os traballadores reclamaron o venres na sede do Igape en Santiago, que o Goberno de Galcia medie coa empresa e dende a Xunta confirmáronlles que nos vindeiros días o comité será citado, pero xa coa mediación da autoridade laboral.

A xuízo dos empregados, o ERE non é a solución que a empresa precisa. Por iso,“trasladámoslles que a empresa ten que cumprir co acordo que permitiu desconvocar a folga indefinida”,  sinalou o presidente do comité, Vicente Molares.

Por último, os responsábeis autonómicos confirmáronlles que continúa sen aparecer un grupo inversor interesado en facerse coa compañía. Isto fai que “o futuro da empresa preséntase cada vez máis complicado”.

You may also like