Galicia Vigo al minuto

Xornada de folga en Vodafone contra os 41 despedimentos da empresa en Galicia

Máis da metade dos traballadores de Vodafone secundaron a folga convocada hoxe. Coa mesma rexeitaron os 41 despedimentos que a empresa plantexa e Vigo e A Coruña. Os mesmos forman parte do ERE  co que “pretende desfacerse” de 1.200 empregados no Estado.

O persoal vigués aproveitou a xornada para desenvolver unha concentración diante do Concello. 

O comité de empresa lembra que o que agora se está a negociar é xa o terceiro ERE que a compañía presenta dende 2013. Como consecuencia destas medidas perderon o seu emprego  1.810 persoas no Estado, 34 delas en Vigo. Paralelamente, o persoal aceptou tamén reducir a xornada, as pagas variábeis e os incentivos.

También te puede interesar