RGPD - Cookies
Galicia

O 061 manda á UE o anuncio para a contratación do servizo de ambulancias

O 061 enviou este venres á UE o anuncio para a contratación do servizo de transporte sanitario urxente terrestre. Este anuncio farase público no prazo máximo de cinco días.

O servizo estará prestado por ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado e soporte vital básico.

Este anuncio adianta o procedemento para a contratación deste servizo que ten como data límite o mes de outubro. O contrato atópase dividido en catorce lotes. Os mesmos corresponden ás catorce áreas nas que o 061 ten distribuído o territorio para garantir a a asistencia urxente a toda a poboación.

También te puede interesar