Galicia Sucesos

A saída a Cangas do Corredor do Morrazo podería abrir ao tráfico ás 8 da tarde deste xoves

Así o asegura a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade nunha nota enviada aos medios de comunicación. Na mesma subliña que trátase dunha zona non afectada polas obras que están a facerse.

O ramal de saída a Cangas do corredor do Morrazo pechouse ao tráfico por motivos de seguridade tras producirse a pasada madrugada desprendementos no punto quilométrico 11+100.

A Consellería indica que técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas traballan xa na retirada dos restos desprendidos. Posteriormente realizarase unha análise xeotécnica do noiro e adoptaranse as medidas necesarias para garantir a súa estabilidade antes de reabrilo ao tráfico.

También te puede interesar