Cultura Galicia

O paseo de Bouzas e o treito ate Samil pasan a mans do Concello

Costas pon, cando menos ata finais deste século, a súa xestión en mans municipais

O Concello recibiu o prace de Costas para a cesión de espazos para a recuperación de parte da fachada marítima de Vigo.

O alcalde mantivo hoxe unha xuntanza co director provincial de Costas, Enrique Fernández Menéndez. Na mesma chegaron ao acordo para a cesión do Paseo de Bouzas e o tramo entre Bouzas e Samil.

Caballero e Fernández tamén acodaron recuperar a praia da Punta cun novo espigón. Ademáis da rampla da Praia da Mourisca, no Museo do Mar.  Tamén a pasarela do Vao a Toralla e cubrir as pistas de Tenis de Samil.

“A situación das praias e paseos marítimas de Vigo está desbloqueada despois de sete anos”, explicou o alcalde. Caballero  subliñou a cesión durante 75 anos, prorrogable outros 75, do paseo de Bouzas, desde a praia ata a ponte. “Mantemos que a parte voladiza do paseo de madeira é de Vigo, non queremos amputar partes da cidade e propuxemos que todo o paseo competencia de Bouzas pase ao Concello”.

También te puede interesar