Cultura Galicia

O paseo de Bouzas e o treito ate Samil pasan a mans do Concello

Costas pon, cando menos ata finais deste século, a súa xestión en mans municipais

O Concello recibiu o prace de Costas para a cesión de espazos para a recuperación de parte da fachada marítima de Vigo.

O alcalde mantivo hoxe unha xuntanza co director provincial de Costas, Enrique Fernández Menéndez. Na mesma chegaron ao acordo para a cesión do Paseo de Bouzas e o tramo entre Bouzas e Samil.

Caballero e Fernández tamén acodaron recuperar a praia da Punta cun novo espigón. Ademáis da rampla da Praia da Mourisca, no Museo do Mar.  Tamén a pasarela do Vao a Toralla e cubrir as pistas de Tenis de Samil.

«A situación das praias e paseos marítimas de Vigo está desbloqueada despois de sete anos», explicou o alcalde. Caballero  subliñou a cesión durante 75 anos, prorrogable outros 75, do paseo de Bouzas, desde a praia ata a ponte. «Mantemos que a parte voladiza do paseo de madeira é de Vigo, non queremos amputar partes da cidade e propuxemos que todo o paseo competencia de Bouzas pase ao Concello”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.