Galicia Sucesos

@odscoia difunde una ‘fake new’ na que Feijóo anuncia que cobrará 403,38€ para chamar a atención sobre a RISGA

“O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, vai cumprir un propósito que fixo a pasada Noitevella. No mes de febreiro de 2019 vai renunciar ao soldo que ten asignado, é dicir, a 80.818,23 € ao ano. Como únicos ingresos contará coa RISGA. Con este xesto, o presidente galego quere amosar a súa solidariedade cos miles de fogares galegos que están en risco de pobreza (un 18,7% das galegas segundo as estatísticas) e que levan anos agardando por facer da RISGA un verdadeiro dereito”.

“Núñez Feijóo tomou esta decisión mentres “desde a Xunta non sexamos quen de publicar o decreto”. Así desde febreiro e até a publicación da norma que desenvolva a lei de inclusión de Galiza o presidente da Xunta será perceptor da RISGA”.

“Durante todo o tempo que pase até a publicación do decreto que desenvolva a Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galiza Feijóo vivirá con 403,38 €/mes. O presidente recoñece así a súa responsabilidade e preocupación polo tema: ‘desde a entrada desta lei pasaron catro anos e tres conselleiros que non foron quen de publicar o decreto que ten que desenvolver os aspectos máis beneficiosos da RISGA”.

‘Fake new’

Con esta ‘fake new’ a Oficina de Dereitos Sociais de Coia (ODS-Coia) tenta de “chamar a atención sobre as desastrosas políticas que padecemos e que afondan na desigualdade e na inxustiza”.

A intención es facer unha “realidade paralela, como fan eles, para tratar de agochar con mentiras e propaganda a dor que provocan na vida real”.

ODS-Coia lembra que o pasado 14 de decembro de 2018 o presidente Feijóo volvía a anunciar a publicación do decreto. O mesmo, con 4 anos e medio de atraso, ten que desenvolver a Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia. “Hai xa tempo que perdemos a conta das veces que a Xunta anunciou a saída do decreto. Nas últimas declaracións de decembro Feijóo explicaba que as razóns para non desenvolver a lei estaban no impacto da crise nos orzamentos autonómicos”.

También te puede interesar