Galicia Vigo al minuto

O Goberno local aproba destinar 1,4 millóns á vía verde de Teis a Urzáiz

O Goberno Local aprobou a clasificación de ofertas para a contratación das obras de implantación da vía verde. A mesma irá sobre o antigo trazado ferroviario entre Teis e Urzáiz. O orzamento de 1,4 millóns,  estará destinado ao mantemento das zonas verdes, novo mobiliario urbano e instalación eléctrica.

O alcalde sinalou que a Vía Verde mide 3,597 quilómetros. Ten un ancho de 3 metros para o carril bici e de 2 metros para a senda peonil. O proxecto abrangue unha pasarela de 51 metros entre Vía Norte e a rúa Navarra e unha rampla de 150 metros en Bos Aires.

También te puede interesar