'Qué te cuentas?' Galicia

As ambulancias en folga dende a vindeira semana

Unha persoa morta e dúas feridas na colisión dun coche contra un camión

Dende o venres día 8 os traballadores das ambulancias estarán en folga. Os paros, en principio, serán so unhas horas ata o día 11 e logo do 18 ao 24. No caso de que a patronal do sector non chegue a un acordo, pasará a ser indefinida o día 20.

Os sindicatos mantiveron varias xuntanzas coas empresas do sector logo de tres anos de convenio. E non avanzaron. Aínda máis, denuncian: a patronal pretendía unha rebaixa dun 10%” nos salarios.

A xuízo dos traballadores a culpa de das empresas e da Xunta. Das empresas porque foron á baixa presentando ofertas por debaixo dos orzamentos de saída. E da Xunta porque fixo licitacións sabendo que os cartos non cubrían nin as nóminas.

También te puede interesar