Galicia Vigo al día

@MareaVigo cre que aumentaron os atropelos en rúas da cidade mal alumeadas

Marea de Vigo, logo de varias denuncias veciñais, pediu ao Concello datos sobre os atropelos na cidade. Dende Marea entenden que hai zonas con iluminación deficiente o que causa perigo.

Rubén Pérez, voceiro do Grupo Municipal de Marea afirma que “o Concello debe facer un estudo sobre niveis de luz”. Ao seu xuízo, deste xeito evítaríase toda falla de seguridade.

Marea de Vigo pide que se revise polo miúdo, a execución do contrato de mantemento do alumeado público. Tamén reclama o cumprimento das inspeccións técnicas obrigatorias. Neste eido, sinala que “a maioría dos elementos de iluminación na cidade de Vigo non a pasaron”.

 

También te puede interesar