Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Sanidade segue sen atender aos PACs da Área de Vigo logo de dúas semanas de folga indefinida (Vídeo)

As  reivindicacións do persoal médico refírense a asistencias e equiparación de dereitos co resto dos colectivos do SERGAS.

Imágenes: Paula Crespo/Desde o pasado día 7 de xaneiro , o persoal dos Puntos de Atención Contunuada (PAC´s ) de Galicia están en folga indefinida. “Logo de intentos de diálogo co SERGAS e de dúas folgas parciais seguimos sen ningún achegamento por parte da Administración”. A doutora Elisa Ausín subliña que o Comité de Folga en Vigo “non foi convocado durante este período para negociar”.

As peticións do colectivo seguen a ser os 11 puntos que levan sinalando hai un ano. As súas  reivindicacións refírense a asistencias e equiparación de dereitos co resto dos colectivos do SERGAS. Entre eles están a retirada dos obxectivos da derivación hospitalaria ou equipos completos enfermaría-médica. Tamén a revisión de plans funcionais, valoración de riscos e equipos de protección acorde ao traballo que desenvolven. Ademáis delo, un cómputo de xornada correcto onde os permisos e as baixas nos compute neutro a efectos de xornada.

Segundo a Consellaría de Sanidade, no ano 2017 atendéronse máis de 1.548.000 urxencias nos 90 PAC de Galicia e 767.000 nos seis primeiros meses de 2018. Delas resolvéronse máis do 90% sen necesidade de derivación hospitalaria. Ainda así, “malia aumentar a actividade asistencial, os PAC non están ben dotados e os equipos sanitarios son mínimos”.

También te puede interesar