Cultura Vigo al minuto

@anaponton alerta de recortes de 2.000 millóns na sanidade pública de Galicia (Vídeo)

 Falta de persoal, hospital público insuficiente, atención primaria ao borde do colapso, servizo de Emerxencias precario.

Imaxes: Paula Crespo/Estas son só algunhas das conclusións recollidas este martes no encontro organizado polo BNG, en Vigo con diferentes colectivos sanitarios.

Na xuntanza participaron representantes de diferentes colectivos da sanidade da cidade. Entre outros, estaban presenten membros da Xunta de Persoal do CHUVI e do Comité de Empresa de Povisa do colectivo. Tamén de ‘PACS en pé de guerra’, do transporte sanitario de emerxencias e da asociación ALCER.

O encontro contou coa presenza do candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, da portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, e da deputada Montse Prado, portavoz de Sanidade no Parlamento galego.

Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, denunciou a política de “recortes do PP” e sinalou  que este ano 2019 xa conta con 188 millóns de euros menos” . “É falso que haxa máis persoal e máis recursos, os datos están aí”.  A voceira nacionalista  subliñou que o que “hai é un deterioro crecente da atención primaria.” O PP quere facer da enfermidade un negocio para os seus amigos e iso non o podemos permitir”, asegurou.

O Bloque presentará  no Parlamento un plan para a Atención Primaria de 200 millóns para dispor de máis recursos.

También te puede interesar